
Temos o pracer de presentar á Charanga os pendellos, unha vibrante charanga que naceu no 2022 cun único obxectivo: pasalo incriblemente ben en compañía de todos vós! Dende os nosos inicios levamos cheos de enerxía, paixón e, sobre todo, ganas de facer cada evento inesquecible.
A nosa charanga está formada por un grupo de amantes da música e da diversión, dispostos a espallar a súa alegría por cada recuncho. Cun repertorio que vai dende os ritmos máis tradicionais como os pasodobres ata os éxitos máis actuais, estamos aquí para amenizar calquera celebración, xa sexa unha festa, un evento privado ou un encontro entre amigos.
Cremos firmemente que a música une ás persoas, e por iso encantanos interactuar co público, crear momentos únicos e compartir risas e bos momentos. Queremos que cada un de vós formedes parte da nosa festa!
Así que, se buscas unha dose de alegría, ritmo e boa compañía, non dubides en contactarnos. Estaremos encantados de facer do teu evento unha experiencia memorable!
Prepárate para bailar, rir e gozar ao máximo con Charanga os pendellos!
Merenguealo TOUR!