NOTICIA

Macarena Tejada nos presenta su nuevo single Terra de Son

Macarena Tejada nos presenta su nuevo single Terra de Son

Macarena Tejada, actualmente componente de la Orquesta Foliada D'Ases, nos presenta su nuevo single titulado 'Terra de Son', un tema dedicado a nuestra Galicia y a todo lo que está sufriendo su cultura y sus tradiciones.

Así nos lo cuenta la propia Macarena:

Hoxe, o meu corazón está dividido por dous sentimentos totalmente contradictorios.

O PRIMEIRO é de felicidade por poder mostrar o novo single titulado "TERRA DE SON". Tema que foi feito con todo o cariño e respeto que sinto por esta terra meiga chamada Galicia.

Só un galego, sabe e sinte o que significa ésta cultura chea de festas, bailes, romarías... E eses mesmos galegos, compañeiros de traballo e amigos, foron os que fixeron posible a creación deste fermoso videoclip. Nunca vos estarei o suficientemente agradecida por regalarme un anaco dos vosos lugares, pero sobretodo, por axudarme sen condición.

Quero facer unha mención especial a Xosé A. Touriñán porque cando escribimos para pedirlle permiso e utilizar unha das imáxes na que él aparece, sen sequera pensalo, a súa contestación foi: "SEN PROBLEMA! DALLE!"

Agradecer profundamente a todos os músicos que entregaron o seu talento, simplemente polo amor hacia esta terra (creo que a min un pouquiño tamén...jeje).

Teño que nombrar de maneira significativa ós responsables en facerme emocionar cando vin o resultado final do vídeo e das fotografías:

Gracias polo teu apoio e comprender desde o minuto un o que necesitaba transmitir. 

  • Fotografía: Montse Funcasta 

De novo demostroume a súa gran profesionalidade e as suas maravillosas ideas. Grazas por darme esa seguridade, transmites moita paz, o resultado foi increíble.

  • Diseño Gráfico: Franklim Vallenilla 

De novo conseguiches crear algo único que estará conmigo o longo dos anos.

  • Perruquería e Maquillaxe: Tatiana Lasén Tatiana Lasen

Grazas por acompañarme en todos os meus proxectos, como amiga e como gran profesioal. Quérote moitisimo.

O SEGUNDO sentimento é de impotencia, frustración e unha devastadora tristura por ver que este ano a nosa Galicia non vai soar da mesma maneira que o fixo sempre.

Encólleseme o corazón ó pensar que será o primeiro ano que non subiremos aos escenarios para mostrarvos o que realmente somos, unha parte pequeniña dun pobo con raíces e tradicións máis fortes que calquer adversidade que se poña no camiño.

Poderemos con isto e moito máis porque Galicia é única!

Me despido desexando que este tema chegue dentro da vosa alma e dicindo que:

"Ó FINAL DESTE LONGO CAMIÑO, NOSA GALICIA VOLTARÁ A SOAR"