Comunicado oficial del grupo Tania Veiras

Noticia
TANIA VEIRAS 24/11/2021 15:00:00

Despois dun longo parón, o grupo Tania Veiras vemos a luz ao final do túnel. Volvemos aos escenarios coas pilas cargadas, coas mesmas ganas de sempre, coa mesma ilusión e forza... con ganas de vervos bailar e desfrutar. Porque xa vai tocando non?

Para iso este ano 2022 teremos a honra de ter no equipo ao inigualable Rubén Quintela, de sobras coñecido por todos, pola súa longa traxectoria e polo seu ben facer. Sen dúbida, non deixa indiferente a ninguén, arma festa onde non a hai, e é incapaz de ver a alguén sentado e sen bailar... Rubén é pura enerxía e vitalidade e estamos seguros de que será un ano incrible para o grupo grazas ó seu talento!!!

Benvido Rubén, é un pracer terte neste equipo!!!  

E postos a contar novidades... este venres 26 de Novembro estaremos en Luar presentando un tema composto por Nico Marrero e cantando por Rubén Quintela, que estamos seguros que terá unha boa acollida.

Tedes ganas de festa? Pois preparádevos...