Noticia
Festival de charangas A Valenzá, Barbadás
08/09/2021 13:40 - BBB
Este festival é unha nova proposta musical promovida pola Charanga BBB e apoiada polo concello de Barbadás, que busca acercar de novo a música ás rúas nestes tempos de pandemia e fomentar a calidade e a cultura das charangas na provincia de Ourense. Neste coexistirán a parte máis tradicional das charangas de a pé así como grupos con equipos de son e temas máis de actualidade.