Gozaremos do verán, nuevo sencillo de Pili Pampín

Noticia
PILI PAMPÍN 24/06/2021 23:00

A productora coruñesa Mammamusic presenta "Gozaremos do verán", o novo sinxelo da gran artista galega Pili Pampín.

A canción foi composta por Samuel Bugia, autor coruñés coñecido polas súas cancións en concursos de diferentes países para o Festival de Eurovision nestes últimos anos, ou os sinxelos de artistas galegas coma Alejandra Pais ou Tamara Pérez.

A producción instrumental estivo nas mans de DJ Federato, director de Mammamusic.

Pili Pampín, quen non necesita presentación na nosa terra, quere levar unha mensaxe de esperanza e ledicia a todos os galegos este verán coa súa nova canción, un tema pop dance en galego, fresco e alegre.

O videoclip conta coa colaboración de Roberto Vilar e dos Kilomberos de MonteAlto (A Coruña).