Noticia
A Historia da Verbena, actuación piloto en Galicia con La Ocaband
23/06/2020 21:30 - LA OCABAND

Orquestra La Oca Band presenta como "actuación piloto" en Galicia o novo show-espectáculo musical 2020 "A Historia da Verbena":

  • Data: Sábado 27 de Xuño as 22:45 horas
  • Lugar: Praza Fonte de Ramos, Sanxenxo (Pontevedra)

Aforo limitado para público sentado con distancia de seguridade (200 asientos) en recinto acotado con todas as garantías sanitarias e protocolos vixentes. Uso obrigatorio de mascarilla.

A entrada será gratuita con reserva anticipada ata completar aforo a través do WhatsApp 621348169.

A situación derivada da crise do COVID-19 fíxonos adecuar as nosas actuacións pra os vindeiros meses adaptándonos á nova normalidade extremando as precaucións conforme ás normas das autoridades sanitarias.

A Orquestra La Oca Band dispón duns medios técnicos que fan posible a súa perfecta adaptación a esta nova actividade ofrecendo un espectáculo único e novidoso en Galicia.

Espectáculo temático de 2 horas:

A orquestra presenta en Sanxenxo o espectáculo temático "A Historia da Verbena" no que faremos un percorrido musical polos últimos 100 anos da música.

Tódolos temas estarán apoiados con imaxes ilustrativas a través das pantallas xigantes outorgando un carácter didáctico á posta en escea.

Trataremos de que os asistentes teñan a sensación de viaxar no tempo a través das diversas interpretacións  que mesturan música, canto, baile e anécdotas...

Un espectáculo adecuado para todo tipo de público.

La Oca Band está integrada por 9 músicos multi-instrumentistas de contrastada experiencia interpretando un repertorio presentado mayoritariamente en galego e con temas no nosa lingua e con algúns temas propios.

Con este novidoso tipo de show pretendemos axudar a conservar unha industria cultural fundamental na economía galega e garantir a supervivencia profesional a través dunha forma de divertimento con tanta tradición e arraigo social no noso País.

Orquestas de Galicia © 2012-2020 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.