Noticia
Concerto streaming da charanga Ardores
02/06/2020 10:00 - ARDORES
Estamos moi ledos por poder dicirvos que este venres 5, tedes unha cita coa charanga Ardores. A partir das 22h, actuaremos en directo dende a nosa canle de YouTube (levounos 10 anos ter unha, pero o bo faise esperar).

Unha nova modalidade de poder ofrecervos un concerto e que poidades disfrutalo dende a casa, bailando e cantando con nós. Non só iso, tamén conectaremos en directo co programa Luar da TVG, no que tocaremos en exclusiva e por primeira vez, unha canción moi especial para nós. Unha canción que fala do noso amigo e querido Fran. Leva como título "Ao Son da túa Güira".

Gran parte de culpa da creación desta partitura tena seu irmán José Luís, el creou a letra e a melodía inicial e logo un gran amigo noso como é Haret Espinosa (teclista da Orquesta Los Satélites), deulle forma. Entre os dous fixeron un fantástico merengue no que tod@s difrutamos de cada nota tocada.

Xa sabedes, Venres 5 de Xuño, a partir das 22h na nosa canle de Youtube, concerto dos Ardores, conexión con Luar e estreno mundial do merengue "Ao Son da tua Güira".

Para ir abrindo boca, deixámosvos cun vídeo de presentación da nósa canle... Suscríbete e dalle a like!

¿Valo perder?

Compárteo para que todxs poidan bailar #AoSondatúaGüira

Orquestas de Galicia © 2012-2020 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.