Nova incorporación en América de Vigo

Moi boas Americanos! Inda que seguimos de vacacións, como moitos nos levades preguntado sobre quén será a nova incorporación en América, chegou o momento de presentacións.
Nado en Holanda, fillo de emigrantes galegos, dende as lucenses terras de Guítara, únese á familia América Sergio Varela. Xovencísima promesa que non deixará a ninguen indiferente coa sua gran voz e desbordante enerxía, unha gran fichaxe que aportará un soplo de aire fresco á banda. A partir de xa, damos a benvida de forma oficial á nova voz e rhythm guitar de América!
Benvido Sergio!