Nova incorporación en Platinum para a tempada 2018

Noticia
PLATINUM 15/12/2017 00:20
En Grupo Platinum non paramos de ter boas novas! Anunciamos moi contentos unha nova fichaxe: Elisabet Lustres.

Incorporouse a nós no mes de Setembro desta última tempada para cubrir o posto que Raquel Abelleira tivo que deixar, pero é agora cando anunciamos a súa incorporación ás nosas filas.

Eli, con só 24 anos, conta con moita experiencia no mundo da verbena, habendo militado nas formacións Costa Norte e Hiroshima. Desprendendo dozura e calor en cada actuación, decide volver aos escenarios con nós nesta nova tempada. Benvida á túa casa, Eli.