
A idea xurdiu das inquedanzas musicais dos seus membros que buscaban crear unha agrupación na que puideran tocar dende pasodobres ata cancións actuais e modernas con arranxos propios, pasando polos clásicos da verbena galega como rancheiras, cumbias, merengues... e sempre ca idea de facer festa alí a onde foran.
Unha das súas premisas iniciais foi a de manter sempre un alto nivel de calidade musical nas actuacións ca filosofía de que, a agrupación de charanga, é parte esencial da verbena galega e das festas da nosa terra, e polo tanto, debe estar ao nivel que esta se merece. Por esta razón, buscan as mellores cancións e cos mellores arranxos (a maioría deles propios) para poder ofrecer diversión e calidade a partes iguais.
As ganas de facer chegar a súa música e alegría a tódolos rincóns da nosa xeografía, está patente no seu berro de guerra: "Somos a Santa Compaña, vente con nós!"