Historia
A Charanga BB+ somos unha agrupación musical formada por 12 xovenes músicos da zona da Ulla e arredores que naceu no ano 2009 en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra). Nun primeiro lugar, a charanga xurdiu a raíz dunha xuntanza entre amigos dos arredores do concello de Vedra. A súa idea, nun principio, era entreter á xente en bares, desfiles de entroido, festas privadas... aínda que, posteriormente, foron abarcando diversos eventos, dende festas, vodas, comunións, os propios desfiles de entroido, comidas, animación de rúa... chegando a divertir ás persoas en calquera lugar que se nos poida pasar pola cabeza.
Somos rapaces dispostos a facer bailar, rir, disfrutar... tanto a nenos, coma adultos, e mesmo aos nosos avós, con repertorio variado dende as cancións de toda a vida ata as máis actuais, pasando por moitos estilos musicais como o merengue, salsa, cumbia, rock, pasodoble...
Durante estes seis anos de existencia, levamos amenizado eventos polas catro provincias de Galicia e por Asturias. Actuamos en festas como a festa da ascensión e o Santiago Apostol (Santiago de Compostela), festa do pemento de Herbón, carnavais na zona da Ulla, Muros, Ribeira... grandes festas de Luarca (Asturias)...
Pouco a pouco, e con moito traballo, a charanga vai collendo forma ata o día de hoxe, que conta con espectáculos dinámicos e interactivos co público, efectos visuais e demais…

Información
Email
Facebook
Twitter
Agencia
No disponible
Provincia
A Coruña
Fundación
2009

Sorpresa! Estade atentos...
27/11/2018 11:25:16