Noticia
BCB con Alma da Terra en A Veiga (OU)
12/08/2021 09:00 - BCB

A charanga BCB levará o vindeiro sábado 14 de agosto, a A Veiga (Ourense), o seu último espectáculo musical galego, "Alma da Terra". A cita terá lugar ás 23:00 na Praza do Toural.

Neste espectáculo, a BCB fará un percorrido polos grandes éxitos da música galega, adaptando diferentes temas que marcaron ás distintas xeracións, cun estilo propio e innovador.