Noticia
Nova entrega de 'A liga dos cantantes extraordinarios' coa incorporación de Alexandra Carrera
05/08/2021 16:45 - ORQUESTAS DE GALICIA

‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (22.30 h) continúa buscando este xoves a mellor voz da verbena galega, aquela capaz de convencer a público de todas as idades. Na sexta entrega deste tremendo show contarase de novo coas voces de Iria Quintáns e Ruth Núñez, por ser os finalistas do programa anterior, xunto con Peke, Ana Paz, Ángel Sevilla, José Ángel Albán e Alba Navarro, e como nova aspirante sumarase Alexandra Carrera.

E coma cada xoves, o mestre de cerimonias Paco Lodeiro volverá estar acompañado de colaboradores como Pepe Capelán e César Romero e polo xurado do concurso, formado pola cantante Pili Pampín, líder dos avós; Lito Garrido, director da orquestra Panorama e voz dos pais nesta Liga; a cantante Lucía Pérez, voceira dos casadeiros, e o dueto cómico e musical Mon e Ula, do grupo Monouliuos DOP.