Noticia
A BCB volverá subir aos escenarios o 24 de xullo en Puga-Toén co seu último espectáculo
22/07/2021 13:00 - BCB

A BCB, co seu último espectáculo "Alma da Terra", volverase a subir aos escenario o vindeiro sábado 24 de xullo, ás 22:00 horas, levando a súa música a Puga - Toén (Ourense).

Neste novedoso show, cunha formación de 10 multi-instrumentistas, BCB fará un repaso por aqueles temas galegos que marcaron ás distintas xeracións, adaptándoos á música actual e outorgándolle o seu estilo persoal e inconfundible.

Un concerto para escoitar, ver e sentir.