'Camiñantes e cantantes', por La Ocaband

Noticia
LA OCABAND 12/07/2021 23:30

O grupo "CAMIÑANTES E CANTANTES" créase no ano 2020 por unha serie de músicos galegos liderados por Xoán M. Paradela e Dani Dopazo, con inquedanzas para dinamizar a cultura popular e a lingua galega a través da música, tomando inicialmente como columna transversal do seu proxecto a música galega cun percorrido polas diferentes rutas por  onde transcorre o Camiño de Santiago.

Os artistas que compoñen a agrupación son músicos e cantantes profesionais de contrastada experiencia no panorama musical galego, cunha dilatada carreira as súas costas.

Esta agrupación conta ademais coa colaboración de diferentes artistas galegos de primeira liña popular galega, que asiduamente participan na programación da RTVG, colaboran como artistas invitados: Pepo Suevos, Manuel Manquiña, Eva Iglesias, Pili Pampín ou César Romero, que sempre baixo dispoñibilidade, préstanse a participar como invitados no espectáculo, actuando conxuntamente en varias pezas do repertorio, ou engadindo algún tema da súa propia produción.

A canción "Camiñantes", de autoría propia que da nome o grupo, foi proposta no ano 2020 para a creación de un videoclip patrocinado pola Xunta de Galicia, vídeo que foi gravado en paraxes tan emblemáticos como O Cebreiro, Arzúa, Meis, Santiago e Fisterra.