Noticia
Alejandra Pais y MaMMaMusic presentan 'O teu amor'
26/03/2021 19:00 - ORQUESTAS DE GALICIA

O selo MaMMaMusic presenta O TEU AMOR

O sinxelo está interpretado por Alejandra Pais, cantante coruñesa coñecida por gañar a primeira edición de A Liga dos Cantantes Extraordinarios na TVG. A súa traxectoria musical inclúe o traballo en diferentes orquestas da verbena  galega como Ceniza, New York e Fania Blanco Show, ademáis da publicación de varios sinxelos en solitario.

O Teu Amor vaise convertir nunha das máis potentes baladas en galego, cun tema profundo como a tristura que provoca a distancia do ser amado.

A letra e música son obra do compositor galego Samuel Bugia, coñecido por varios traballos anteriores, como varias participacións en concursos internacionais de Eurovision en Malta, Chipre, Lituania, Moldavia e Romania, e tamén a participación con diferentes artistas galegos no tema benéfico do pasado Nadal, O Teu Nadal, o último sinxelo de Tamara Pérez e varios traballos con Alejandra Pais.

O arranxo instrumental foi feito polo productor coruñés Nacho Varela, mentres que a mistura, mastering e a edición do video están da man de Federico Asencio, director de MaMMaMusic.

Debemos destacar que o videoclip foi gravado na Biblioteca Casa Consulado de A Coruña, que data de principios do século XVIII, sendo a Biblioteca máis antiga en funcionamento de España, e un fermoso lugar para a creación do video.