Noticia
Dúo Estrellas presenta 'Light', o seu novo formato para terrazas e concertos
27/08/2020 00:40 - ESTRELLAS

O dúo formado polos irmáns Fanego (coñecidos pola súa traxectoria na verbena e a súa participación no concurso Recantos de Ouro do Luar da TVG) vén de anunciar un novo formato de actuación adaptado á situación actual, pensado para terrazas, concertos e demáis nos que o público estea sentado, no que interpretarán temas coñecidos por todo o mundo, pero máis calmado e que non inviten tanto ó baile como vén sendo habitual nas súas actuacións.

Xéneros como as baladas, o pop-rock, e os 80s formarán parte desta nova modalidade, na que tamén farán algún guiño á verbena cantando algún dos seus míticos temas, coa intención de que o público poida tomar relaxadamente a súa copa mentras os escoita, ou incluso poida cantar con eles, todo sen necesidade de levantarse das súas cadeiras. Todo isto avalado polos seus 7 anos de experiencia como parella musical e coa garantía de ser un dos dúos líderes en Galicia.

Para máis información, poderase contactar con eles sen compromiso a través de chamada teléfonica ou WhatsApp ós números 628 873 903 e 679 800 949, ademáis da dirección de correo estrellasduo@gmail.com.

Orquestas de Galicia © 2012-2020 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.