Noticia
Esta noite dispútase a segunda xornada de A Liga dos Cantantes Extraordinarios
09/07/2020 19:05 - ORQUESTAS DE GALICIA
Esta noite dispútase na TVG a segunda xornada de A Liga dos Cantantes Extaordinarios (22.35 horas), concurso que este verán buscará novamente nas voces da verbena galega aquela capaz de convencer a público de todas as idades e gustos.

Despois da primeira gala da semana pasada, que contou coa participación de 16 concursantes, foron 8 os seleccionados polo xurado, integrado por Pili Pampín, Lito da Panorama, Lucía Pérez e Mon e Ula, integrantes de Monoulious Dop.

Así pois, os aspirantes que disputarán esta noite a competición serán Iván Rodríguez (New York), Alba Navarro (Los Satélites), Yennia (La Fórmula), Irene Iglesias (Panorama), Nakary (Olympus), Monia Borges (Marbella), Danni Lamas (Kubo) e Fran Castellanos (Saudade).

Pero non serán estas as únicas actuacións da noite, xa que o programa presentado por Paco Lodeiro contará tamén coa presenza como convidados dun mítico, Miguel Torres, e de César Romero, concursante da primeira edición, que porá a proba e colaborará cos aspirantes deste ano.

Cada programa de A Liga dos Cantantes Extraordinarios terá un gañador e o que consiga gañar tres terá un pase de ouro e irá directo á gran final, quen tomará o relevo de Alejandra Pais, gañadora da primeira edición.

Así pois, o deste xoves será un novo programa cargado de emoción e humor, con varias novidades competitivas este ano: un duelo de entrada entre dous concursantes que loitarán por un oco no sofá dos elixidos e dous popurrí de grupo cos que os ‘cantantes extraordinarios’ poderán sumar cinco puntos extra, dúas probas que manterán a emoción ata o final. Todo pode cambiar, tamén co voto do público que gozará do espectáculo desde o estudio de gravación.

Directo a través de Instagram

Ao remate da retransmisión televisiva Brais Doval conducirá un directo a través da conta oficial de Instagram do programa (@ligacantantes) no que procurará conversar coa cantante Monia Borges e co youtubeiro Rubén Pérez Bouza (Valexo).
Orquestas de Galicia © 2012-2020 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.