Noticia
Acude ó debate sobre o mundo das festas na Cidade da Cultura en Santiago
04/02/2020 12:40 - ORQUESTAS DE GALICIA
Os días 12 e 13 de febreiro celebrarase na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela as I XORNADAS sobre as festas onde se celebrarán diversas mesas redondas con debate más cales se analizarán as principales cuestións que afectan o mundo das Festas nestes intres (Patrimonio, Lei de Espectáculos, Convenio Laboral, etc.). 

Poderase asistir como publico e participar activamente nos debates se así o desexades.

Promovido pola Asociación de Orquestras de Galicia (AGO) e a Asociación de Representantes Técnicos de Galicia (ARTEGAL)  contará coa presenza de especialistas en cada tema para aclarar as últimas novas con respecto as festas e coa representación de tódolos axentes do sector (Oficinas de Espectáculos, Axentes e Orquestras) ademais da colaboración de ASEVEGA (Asociación  de Empresarios da Verbena). 

A estes debates pode acudir quen o desexa e haberá un tempo para que o público asistente faiga as preguntas  que desexen os nosos tertulianos. 

Animamos a todos os seguidores e amigos das festas a que se animen a achegarse ata a Cidade da Cultura (Aula Seminario).

closing tour 2018
Orquestas de Galicia © 2012-2020 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.