Noticia
Gran gala final para os oito finalistas de A Liga dos Cantantes Extraordinarios, hoxe na TVG
05/09/2019 17:20 - ORQUESTAS DE GALICIA
Chegou o gran día para os oito finalistas de A Liga dos Cantantes Extraordinarios. A TVG ofrece esta noite a gala final deste concurso musical presentado por Paco Lodeiro, que buscou durante o verán a mellor voz entre cantantes solistas das orquestras que máis enchen de espectáculo as nosas verbenas. Esta será unha noite chea de momentos emocionantes, en que só pode gañar un vocalista.

Nesta gala final, A Liga dos Cantantes Extraordinarios contará sobre o escenario, con todo o seu potencial artístico, con Noly (Los Satélites), Néstor Peña (Olympus), César Romero (Cinema), Santi Pulido (París de Noia), Tania Veiras (Grupo Tania Veiras), Alejandra Pais (New York), Laura Añón (Finisterre) e Iria Riola (Trébol). 

Tamén asistirán como convidados algúns dos concursantes que non puideron chegar á final, como son Eulícer, Rosa do Mar, Selu, Peke e Diego Moreira. Con eles comezará o programa e coa súa versión da canción de Pitbull Sube las manos pa’rriba. E nesta gala final de A Liga dos Cantantes Extraordinarios non podía faltar o autor da canción do verán da CRTVG, Aquel-e, que interpretará o seu tema gañador Que nos pille rebolando, o que máis soou estes meses nos medios públicos galegos.

Como en edicións anteriores, o xurado estará integrado por Pili Pampín, Lito Garrido, Mon (Monopolius Dop) e Lucía Pérez.
Orquestas de Galicia © 2012-2019 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.