Noticia
Esta noite A Liga dos Cantantes Extraordinarios incorpora a Naiara González, da orquestra Marbella
15/08/2019 17:00 - ORQUESTAS DE GALICIA

A sexta gala de A Liga dos Cantantes Extraordinarios (22.00 h.) chega chea de sorpresas: a audiencia coñecerá unha das moitas facetas ocultas do presentador Paco Lodeiro, que porá toda a bancada en pé cunha escolma dalgúns temas inesquecibles da verbena galega transformado en DJ L’Deiro.

Na edición da semana pasada, César Romero pasou á final e deixou unha praza que será ocupada por Naiara González, da orquestra Marbella. Esta noite intervirá no programa como convidado especial Xurxo Souto, que cantará o tema Nordés xunto a Laura Añón, que lucirá unha estética feita de redes e toxos moi abraiante. Pola súa banda, a integrante do xurado, Lucía Pérez, interpretará unha versión da canción tradicional A Carolina. Amais, haberá vídeos sobre como ensaian todos e todas as concursantes e como se entreteñen durante o programa.

A Liga dos Cantantes Extraordinarios busca cada semana a mellor voz entre oito cantantes solistas das orquestras que máis enchen de espectáculo as nosas verbenas. Ao remate de cada gala, só un aspirante se clasifica para a gran final do programa, tras ser seleccionado por un xurado integrado por Pili Pampín, Lito Garrido, Mon (Monopolius Dop) e Lucía Pérez.

Orquestas de Galicia © 2012-2019 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.