Noticia
Programa 3 da Liga dos Cantantes Extraordinarios
18/07/2019 17:35:00 - ORQUESTAS DE GALICIA

A TVG ofrece esta noite unha nova entrega de A Liga dos Cantantes Extraordinarios, un concurso presentado polo versátil Paco Lodeiro, que busca cada semana a mellor voz entre oito cantantes solistas das orquestras que máis enchen de espectáculo as nosas verbenas. Ao remate de cada gala, só un aspirante se clasificará para a gran final do programa.

Cada cantante ten que defender un tema que lle propón o xurado e que representa a súa bancada con estilos moi diferentes. No primeiro programa, tras resolver a fase semifinal entre César Romero (orquestra Cinema) e Tania Veiras (grupo Tania Veiras), coouse Tania Veiras na primeira praza para a gran final.

Nesta terceira entrega, Diego Moreira volve á competición despois de que o seu compañeiro Santi Pulido, da París de Noia, pasara directamente á final a semana pasada. Volve cunha actuación moi especial, xa que o propio Diego acompañará o seu tema cunha guitarra acústica.

Este novo cantantes incorpórase ao grupo de aspirantes, integrado por Noly (Los Satélites), Rosa do Mar (Orquesta Miramar), César Romero (Orquesta Cinema), Peke (La Fórmula), Eulícer Arostegui (Orquesta Olympus), Laura Añón (Orquesta Finisterre) e Iria Riola (Orquesta Trébol).

A Liga dos Cantantes Extraordinarios contará a maiores coa actuación de Monoulious DOP, o grupo do membro do xurado Mon, que xunto a Pili Pampín, Lito Garrido e Lucía Pérez, é responsable de avaliar cada actuación dos oito cantantes.
Orquestas de Galicia © 2012-2019 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.