Grupo LIMÓN
Historia
O Grupo Limón nace no ano 2000 querendo ofrecer á xente un espectáculo elegante, cercano e adicado ás diversas xeracións que conflúen nas nosas verbenas. Así foi que naceu Limón sendo a banda revelación nese ano, gañador dun premio especial no 2001 no programa "Luar" da RTVG pola orixinalidade e interpretación de cancións tradicionáis de Galicia "A Capela", algo que ata o momento nunca se fixera na NA NOSA TERRA.

No apartado discográfico o grupo conta con tres discos gravados, nos que tamén inclúen temas propios, algo case único entre as orquestas galegas. Na actualidade pódese dicir que o grupo Limón ten unha persoalidade propia, algo difícil de atopar entre as agrupacións de verbena en Galicia. Un grupo que sempre fixo gala de ser galego, tentando ser orixinal arriscando con ideas de musicáis e postas en escea que naquel momento nas verbenas eran algo impensable e que oxe nos son tan familiares.

A pesar de todo isto, nada sería o que hoxe é esta familia de non ser polo aplauso do público que compensa día a día o esforzo e o risco que supuxo daquela, facer algo novo e fresco, e tamén o apoio incondicional da nosa crecente familia de fans amigos.

GRAZAS A VÓS
Información
Agencia
Provincia
Pontevedra
Fundación
2000
Orquestas de Galicia © 2012-2019 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.