Grupo FILLOS DO ESTRAMONIO
Historia
Corría o ano 2011 cando uns rapaces por diferentes circunstancias da vida de cada un que agora non veñen ó caso, coinciden traballando xuntos no programa da Televisión de Galicia “Bamboleo”. Alí descobren que a todos lles gusta a música, e que todos tocan algún instrumento musical. Deciden entón poñerse a ensaiar xuntos “para ver que pasa”. E nacen os Fillos do Estramonio.

Todos mamaron a música dende pequenos: virtuosos estudiados nas grandes escolas de música de Kanfor, Beukelaer ou Fortesende, atopan un camiño común para desenvolver este proxecto musical: facer ruído.

Dende o seu nacemento, o obxectivo do grupo está claro: rebentar estadios, facer unha morea de cartos, e disolver a banda para facer un reencontro 20 anos despois. O camiño é longo, pero están traballando duro para acadalo.

Os Fillos do Estramonio son un grupo de rock? de música? de humor? Non está moi claro. Pero se xuntas nunha cocteleira media ducia de descerebrados ós que lles gusta a música, o rock e o humor, é o que obtés como resultado.

Fillos do Estramonio ofrecen un espectáculo musical e humorístico de ata 3 horas de duración.

Fillos do Estramonio son ata 7 músicos en directo interpretando clásicos do Rock&Roll con letras adaptadas ó galego con contidos en clave humorística.
Información
Facebook
Twitter
Agencia
No disponible
Provincia
A Coruña
Fundación
2011
Un grupo de amigos amantes da música, da festa e do churrasco. E non necesariamente por ese orde.
20/11/2018 14:03:04
Orquestas de Galicia © 2012-2019 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.