CHARLESTON BIG-BAND
Orquesta
Orquesta
Historia
CHARLESTON BIG-BAND
Padrón – A Coruña

No 1983, un grupo de mozos amigos, músicos da Banda de Música Municipal de Padrón, a maioría residentes nesta vila, deciden unir as súas inquedanzas artísticas nun proxecto común. Tras intensos ensaios, o 9 de xuño de 1984, fixeron o seu debut público, dando orixe á CHARLESTON BIG-BAND.

Desde os seus inicios, os fundadores Digno Pardal, Cándido Acosta, Juan Carlos Torres, José Antonio Figueira, Francisco Castro, José Manuel Lapido e Suso Lapido (todos músicos da Banda Municipal de Padrón), decidiron fortalecer a estrutura musical do grupo con músicos de recoñecida calidade. A formación inicial constaba dun cuarteto de ritmo (batería, baixo, guitarra e piano), unha sección de seis ventos (trompetas, trombón, saxos tenor, alto e barítono, flauta e clarinete) e dous vocalistas.

En 1986, Enzo Fernando, un costarriquenho asentado en Padrón, únese ao grupo, substituíndo aos dous vocalistas orixinais. Con unha ampla experiencia en escenarios de América do Sur, Centroamérica, Estados Unidos e México, Enzo aportou a súa voz ao repertorio da orquestra.

Ao longo dos anos, a CHARLESTON BIG-BAND actuou en diversas rexións de España e outros países como Portugal, Suiza, e Francia. Tamén participaron en programas de televisión tanto en cadeas autonómicas como nacionais.

En 1995, Roberto Espinosa, un ponferradino con éxitos en festivais de Galicia, Asturias e León, únese como nova voz. En 1998, Belén Xestal, a primeira voz feminina da formación, reemplazou a Roberto, engadindo dinamismo e versatilidade á orquestra.

No ano 2000, Enzo Fernando retirouse, sendo substituído por Alexander Rodríguez, un venezolano con éxitos no seu país e seleccionado para o Festival da O.T.I. Esta incorporación aportou xuventude e unha destacada voz.

En 2002, a formación evolucionou a tres cantantes, coa chegada de Raúl Reina. Nos anos seguintes, sucedéronse diferentes artistas como Ruth Nuñez e Dario Carrera. En 2006, a incombustible Rita Barreiro, de Santiago de Compostela, converteuse na imaxe feminina da Orquestra e, nos últimos anos, tamén asumiu roles de dirección.

A finais de 2008, a piques de celebrar o seu 25 aniversario, a formación expandiuse coa inclusión dun baterista e a reorganización de roles. A dianteira quedou conformada por Fran Pahino, Sergio Corral, Rita Barreiro e Suso Lapido.

En 2012, mantendo a estrutura, Ruth Nuñez regresou como voz feminina. Esta configuración mantívose durante catro anos coa participación de cantantes como Raúl Paz ou David Balboa.

En 2016, produciuse un cambio na dianteira coa chegada de Bruno Fariña, Laura Añón, Noelia Rodriguez e Maikel Ricoy. En 2017, parte dos fundadores retiráronse, e Juan Carlos Mendez, xunto a Suso Lapido, tomaron o mando e converteronse nos propietarios da formación.

A orquestra reestruturouse novamente tras a chegada da pandemia en 2020. Suso Lapido, o último fundador en actividade, retirouse dos escenarios, pero segue sendo propietario e colabora na dirección. Máis tarde, Rita Barreiro tamén se retirou pero continúa colaborando en diversas áreas.

Así pois, no ano 2024, a orquesta mantén prácticamente intacta a sua formación dende o ano post-pandemia (2022) facendo unhas temporadas magníficas e renovadas.

Nesta formación do 2024, ano do seu 40 ANIVERSARIO, están:

DANI INSUELA (Voz)
DANIEL SIERRA (Voz)
NERE BLANCO (Voz)
LIDIA PAZÓ (Voz)
CRISTIAN NAVARRO (Voz y guitarra)
RICARDO FERREIRA (Voz y bajo)
ADRIÁN ARAGUNDE (Batería)
JOSE RIVERA (Teclados)
LÁZARO FERNÁNDEZ (Trompeta 1)
ESTEBAN OUTÓN (Trompeta 2)
JUAN CARLOS MÉNDEZ (Saxo Alto)
DIEGO AGRA (Saxo Tenor)
JOSE BARROS (Técnico de Son)