Charanga TNT
Historia
Coma todas as historias do mundo, a historia da TNT comeza cun sentimento, cun proxecto dun grupo de amigos , nados na atmosfera das Bandas de Música, dos concellos de Teo e A Estrada. O soño faise realidade cando as verbas comezan a converterse en ensaios, cando fan as primeiras camisetas, que agora se entenden coma un símbolo do seu principio, como un reflexo do que eran e do que son. Por aqueles tempos fixeron, con nervios e ilusión a un tempo, a que sería a súa primeira de tantas festas na parroquia de Vilariño, no concello de Teo. Dende ese momento a formación da charanga queda establecida como tal, e comeza a buscarse un oco dentro do panorama de charangas de Galicia.

Teñen todos os seus compoñentes estudios musicais regrados polo conservatorio, ademais ampliaron a súa formación musical nos eidos da música clásica, da man das escolas de música das Bandas, así como da súa participación nelas.

Son un grupo heteroxéneo pois o grado de formación varía cuns respecto a outros, algúns deles colaboraron con orquestras, con agrupacións de música tradicional, de folk-fusión, de blues ou jazz... pero o resultado e un cóctel homoxéneo, pois o sentir da troula úneos nun obxectivo común: facer festa coa súa propia música.

Con pasos pequenos pero seguros, foron autofinanciándose todas as súas innovacións, tanto a nivel musical, como a nivel de recursos técnicos e de infraestrutura. Pasaron a ter os seus propios carros de percusión, o que os implicaría de tal xeito, que rematando co que comezaran, construíron un remolque para transportalos. Este, non sería posible sen a axuda dos patrocinadores, que souberon ver o potencial da charanga e apoiaron a formación en todo momento.

As cousas que comezan ben non se sabe a onde irán a parar, por iso, impulsados pola cantidade de actuacións que estaban a ter, no 2011 proxectaron un carro que sería a revolución galega. Contaban con experiencia no campo científico técnico de instalación de recursos electrónicos, xa que xa lle puxeran a un carro unha batería para instalar dous focos de led, confeti , disparador de chispas e un flash pequeno.

O novo carro estaba totalmente mecanizado e motorizado. Incorporaron un disparador de confeti , luces, flash, láser, máquina de fume e diversa pirotecnia; con único fin de divertir ó público e instalándose como unha das charangas pioneiras de Galicia en unir o espectáculo pirotécnico ó musical. Este feito serviría como referente para moitas outras charangas que estaban a comezar neses anos a súa andaina profesional, pois resultaba moi atractivo. É un sistema, que paradoxicamente, pode adaptarse a todo tipo de ambientes e festividades (como a música da charanga), xa que é programable e axustable segundo o usuario da festa. Era xa unha clara inversión, que os levaría a recorrer Galicia de festa en festa, e a saír da comunidade autónoma en contadas ocasións. A última delas no Marzo do 2013 no que saíron a Segovia á IV Concentración de Charangas “San Lorenzo 2013”.

O esencial foi que seguiron sendo un grupo de amigos, unidos e cas mesmas pretensións, o que facía da formación un equipo organizado, no que as cousas saen de forma natural. Isto, inevitablemente acaba relucindo na produtividade e no ben facer das cousas, e rematan por contaxiarte de boas vibracións, de ganas de troula e de amor pola música ben feita.

Foron conquistando campos inexplorados ata o momento, chegando a encargarse de todo tipo de eventos, dende vodas ata festas gastronómicas, pasando así por festas populares, festas patronais (como o Apóstolo de Santiago de Compostela ou o San Paio da Estrada), actos de apertura, cabalgatas do Nadal, pasacalles... e os grandes entroidos, nos que tan características son as charangas. Comezaron nos carnavais das parroquias da zona, logo pasaron ós da Ulla -chegando a ser mencionados polos famosos xenerais- pero o seu auxe neste campo ven dado pola contrata que comezou sendo parcial, e acabou por ser total, no Entroido de Xinzo da Limia, onde acoden cada ano miles de persoas co afán de observar o que eles chaman “O Entroido, un sentimento” do triángulo máxico do sur de Ourense. Como non podía ser doutro xeito a afluencia de xente implica unha enorme carga de traballo para as charangas, unha festa continua na que as pantallas e os disfraces bailan ó son da charanga TNT dende o 2011.

Nos bos e nos malos momentos a charanga permaneceu sempre unida, o que sen dúbida aumentaría exponencialmente a confianza entre eles e o compromiso do grupo. Mestúranse con todo tipo de público, pois o seu amplo e continuamente renovado repertorio, inclúe dende as pezas máis actuais, ata as máis clásicas, pasando por éxitos do pop e do rock internacional. Fan bailar a un avó cun neto, a dous mozos que se bican no torreiro, a unha parella de pais, a unha comisión de festas enteira... Adáptanse a todo tipo de situacións; ca regulación dos efectos especiais, ca vestimenta adecuada da ampla variedade de vestiarios que posúen, co repertorio, ca forma de actuar... Son o que alguén queira que sexan, son os desexos da xente convertidos en música, son as notas que voan pola nosa cabeza. Son a charanga TNT.
Información
Facebook
Twitter
Agencia
No disponible
Provincia
A Coruña
Fundación
2008
16 anos despois, mañá volve o Entroido a Lucí!!! Alí estaremos nos pa pasar lista!!! Non faltar!!!
11/02/2017 11:05:01
Seguimos ensayando para la nueva temporada 2017.
05/01/2017 11:57:47
Este domingo estaremos en Matalobos, amenizando a XI Festa dos Callos, acompañados de Orquesta Cinema. Esperámoste!!!
08/12/2016 11:07:49
Mañá domingo estaremos de sesión vermut en Liñaio, Negreira.
12/11/2016 11:55:02
Este Jueves 10 estaremos en Francos, Teo.
08/11/2016 14:45:15
El domingo 13 de Noviembre nos vemos en Negreira.
29/08/2016 21:49:15
O próximo 1 de maio estaremos no Eixo.
23/04/2016 14:48:58
O 10 de Abril estaremos na Festa do viño da Ulla.
28/03/2016 13:11:56
II Entroido Solidario!!!
15/02/2016 12:57:46
Este domingo estaremos de vermut en Ribeira, A Estrada.
20/01/2016 23:51:45
Lunes estaremos en el centro comercial As Cancelas, animando las últimas compras navideñas.
02/01/2016 16:12:57
Desde a Charanga TNT queremos desexarvos a todos unhas felices festas, aquí vos deixamos a nosa felicitación ca que podedes rir un pouco!!
31/12/2015 13:58:37
Mañán estaremos no Magosto de Francos-Teo.
13/11/2015 00:19:30
Hoy os esperamos en el Magosto de la Milagrosa, Orense!!!
07/11/2015 12:26:38
Sábado estaremos en Orense!!!
04/11/2015 15:49:55
Sábado 12 os esperamos en Vea!!!
07/09/2015 02:07:46
Este sabado estaremos en San Miguel de Castro acompañados de Charanga Os Atrevidos!! Os esperamos!!
06/08/2015 16:09:41
Mañana estaremos en Puebla do brollón, y domingo en Carmoega!!! Os esperamos!!!
31/07/2015 18:06:33
Mañana sabado estaremos en Santa Cristina de Vea, amenizando el vermú y por la noche verbena!! Os esperamos!!
24/07/2015 19:02:48
Mañana viernes 17 estaremos en Mera!! Os esperamos!!!
16/07/2015 01:09:35
El próximo 11 de Julio estaremos en una boda en el Restaurante Los Robles.
30/06/2015 12:06:32
Mañana martes estaremos en las fiestas de San Juan en Coruña!!! Os esperamos!!
22/06/2015 15:56:51
El domingo estaremos en San Fins de Sales, Vedra!! Os esperamos!
15/06/2015 17:13:00
Este sábado 13 estaremos en Puxedo (Lobios). Y el domingo 14 en Covas (Meaño). Os esperamos!!!
11/06/2015 00:43:35
Este sabado estaremos actuando en una boda!!
01/06/2015 19:24:31
Este sabado estaremos en a Festa do Peixe en Bande, acompañados de las Charangas Mekanica y NBA!!!
26/05/2015 12:10:15
El sabado 2 de mayo estaremos actuando en Rarís, en una fiesta privada.
24/04/2015 13:54:50
Este domingo 12 estaremos animando "A Festa Do Viño"!! Os esperamos a todos!!
07/04/2015 12:20:05
Este domingo día 5 estaremos en San Andrés de Illobre.
30/03/2015 12:59:40
Este sábado 21 estaremos en la fiesta de las tapas, en el Milladoiro.
Os esperamos a tod@s!!!
19/03/2015 14:41:42
Este sabado 28 haremos una fiesta de disfraces solidaria, para recaudar fondos para el banco de alimentos de Teo. Os esperamos!!!
23/02/2015 14:00:04
Este domingo estaremos en la Fiesta de la filloa acompañados de Marbella y Aché.
18/02/2015 13:48:23
Este sabado presentamos el nuevo "espectáculo entroido 2015", y será en el Centro Comercial As Cancelas, a las 12:00h del mediodía.
13/02/2015 01:13:57
Este fin de semana estaremos en el entroido de San Cristovo de Reis.
04/02/2015 19:31:25
Preparando la nueva temporada 2015!!! Ya puedes consultar nuestras fechas de carnavales.
14/01/2015 17:07:24
Preparando la nueva temporada 2015!!! Ya puedes consultar nuestras fechas de carnavales.
10/01/2015 22:01:57
Desde la Charanga TNT les deseamos felices fiestas y próspero año nuevo!!! Nos vemos en 2015!!!
25/12/2014 13:34:21
Preparando la nueva temporada 2015!!! Siguenos en www.charangatnt.com o en Facebook CHARANGA TNT!!!
03/12/2014 15:25:36
Mañana estaremos en la presentación del nuevo periodico de Teo, #Teovivo!!
28/11/2014 14:48:31
Preparando la temporada 2015!!!!!! Visitanos en www.charangatnt.com o siguenos en Facebook (CHARANGA TNT).
24/11/2014 14:39:11
Preparando la temporada 2015!!! Visitanos en www.charangatnt.com o siguenos en Facebook (CHARANGA TNT).
14/11/2014 15:59:50
El próximo día 9 de noviembre
estaremos en Folgoso do courel.
06/10/2014 10:53:13
Orquestas de Galicia © 2012-2017 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.